986 410 361

Novas instrucións da Consellería de Educación con respecto as notas do 3º trimestre.

Queridas familias:

Informámosvos das novas instrucións que enviou a Consellería o venres 28 de maio de 2020 con respecto ao desenvolvemento do terceiro trimestre.

Seguindo ditas instrucións e polas circunstancias excepcionais do desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020, nos documentos de avaliación os centros educativos rexistrarán as cualificacións da primeira e da segunda avaliación e as cualificacións da avaliación final. Non se rexistrarán cualificacións da terceira avaliación. No caso das ensinanzas de formación profesional rexeranse pola súa normativa específica.

Tendo en conta estas últimas indicacións non se publicarán en Abalar as notas do terceiro trimestre este venres. 5 de xuño.

Polo tanto, as fechas que quedan para as publicacións das notas na aplicación abalar móbil son:

Venres 19 de Xuño: publicación en Abalar móbil de las notas de Educación Infantil e Primaria.

Xoves 25 de Xuño: publicación en Abalar móbil das notas de Educación Secundaria.

Nos gustan los comentarios que nos ayudan a crecer