
FONDO SOLIDARIO- LIBROS DE TEXTO- AXUDA MATERIAL CURSO ESCOLAR 2020/2021
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EN 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, E EN 1º, 2º, 3º E 4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO).
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO EN 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ASÍ COMO PARA ALUMNADO DE NEAE.
MATERIAL ESCOLAR- ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO.
O alumnado que repita 4º de ESO disporá dun mes a partir do día 01 de setembro de 2020 para solicitar dita axuda.
Será obriga dos pais/nais/titores cumprir os prazos e presentar toda a documentación correctamente cuberta.
Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais dos alumn@s.
A solicitude será única para todos os fillos que estén no mesmo centro docente, é dicir, se unha
familia ten varios fillos no centro, soamente terá que entregar unha solicitude para todos eles.
A solicitude deberá presentarse presencialmente no centro docente, empregando os formularios (AnexoI e Anexo II adxuntos), e debendo estar asinados polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno. Deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica ao 31 de decembro de 2018):
- Fotocopias do D.N.I. ou N.I.E. ( maiores de 14 anos )
- No caso de que o pai e a nai, ou o titor e titores carezan de DNI e NIE deberán solicitar un certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello
- Fotocopia do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2018, poderá acreditar o número de membros utilizando, por exemplo:
- 1º) Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso, convenio regulador
- 2º) Certificado ou volante de convivencia
- 3º) Informe dos servizos sociais
- De darse o caso, deberán aportar a documentación correspondente a:
- Certificado de minusvalía
- Violencia de xénero
- Alumnado en situación de tutelado ou en garda da Xunta de Galicia.
- Para poder optar ás axudas, o alumnado beneficiario de libros de texto do curso 2019/2020, tanto se os recibiron do fondo solidario como se os adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro nas seguintes datas:
Luns 15 de xuño: 3º e 4º de Educación Primaria.
Martes 16 de xuño: 5º e 6º de Educación Primaria.
Xoves 18 de xuño: 1º e 2º de Educación Secundaria.
Venres 19 de xuño: 3º e 4º de Educación Secundaria. - O alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine, debendo devolvelo como data límite o 7 de setembro de 2020.
- A publicación das listaxes provisionais e definitivas da adxudicación de libros de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, farase no taboleiro do Centro, no blog (www.colesanfernandovigo.blogspot.com) e na páxina web do colexio (https://colegiosanfernandovigo.com/), segundo as seguintes datas:
- 10 DE XULLO DE 2020
- Listaxes provisionais de solicitudes admitidas EP e ESO.
- Listaxes provisionais de solicitudes excluidas, indicando a causa de exclusión.
- Reclamación sobre a lista provisional.- 2 días seguintes á publicación.
- 17 DE XULLO DE 2020
Resolución das reclamacións efectuadas.
- 20 DE XULLO DE 2020
Listaxes definitivas de solicitudes admitidas en EP.
- 14 DE SETEMBRO DE 2020
Listaxes definitivas de solicitudes admitidas na ESO.
- Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto
- Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€ : catro (4) libros de texto.
- Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis (6) libros con independencia da renda.
- Ao alumnado de 1o e 2o de Educación Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: cheque de 210 €uros
- Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€ : cheque de 140 €uros
- Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria en garda ou tutela da Xunta, e ao alumnado tutelado con NEAE : cheque de 210 €uros
- Ao alumnado de ESO con NEAE en garda ou tutela da Xunta: cheque de 210 €uros.
- Ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% que utiliza libros adaptados solicitaráselle unha axuda para adquirir libros ou material complementario específico: cheque 275 €uros
- AXUDA MATERIAL ESCOLAR.- 50 €uros
Ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria con renta per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €uros.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR QUE SE MERCA NO CENTRO.
Poderanse mercar libros de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e calquera outro libro de texto hasta 4º de ESO, así como material escolar, dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.
Soamente se encargarán os libros e o material escolar dos alumn@s que traian cuberta a reserva e efectúen o pago dun compromiso de 25€ no propio centro.
En Educación Secundaria non se encargarán os cadernos de Inglés nin de Francés, nin de material escolar; farase entrega do cheque para que se adquiran fóra do centro.
No caso de estar interesados en mercar estes libros ou o material escolar no centro, deberedes facer o pago e cubrir o compromiso o mesmo día que veñades a entregar a Solicitude do Fondo Solidario, Axuda de Libros ou material , segundo as seguintes datas:
- Os alumnos que vaian para 1º e 2º curso de Educación Primaria: MARTES 26 DE MAIO
- Os alumnos que vaian para 3º e 4º curso de Educación Primaria: MÉRCORES 27 DE MAIO
- Os alumnos que vaian para 5º e 6º curso de Educación Primaria: XOVES 28 DE MAIO
- Os alumnos que vaian para 1º e 2º de ESO: VENRES 29 DE MAIO
- Os alumnos que vaian para 3º e 4º de ESO: LUNS 01 DE XUÑO
- Os alumnos de 3, 4 e 5 anos: MARTES 02 DE XUÑO
A partir do día 27 de agosto de 2020, empezaranse a entregar os libros e o material escolar adquirido no centro.
Para o alumnado pendente de materias para setembro, farase o pedido unha vez se saiba o curso para o que van.- LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR QUE NON SE MERCA NO CENTRO
No mes de Xullo enviaránse instruccións para vir a recoller os cheques correspondentes.
SOAMENTE PODERÁ ACCEDER AO CENTRO UNHA PERSOA POR FAMILIA, SENDO OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLA.
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466
IMPRIMIR E CUBRIR ADECUADAMENTE ANTES DA SÚA ENTREGA NO CENTRO. NO CASO DE NON PODER IMPRIMILOS, PODEREDES RECOLLER ESTES FORMATOS IMPRESOS NO CENTRO O LUNS 25 DE MAIO.
LEMBRADE QUE SOAMENTE PODERÁ ACCEDER AO CENTRO UNHA PERSOA POR FAMILIA, SENDO OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLA.