986 410 361

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO+MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

CURSO ESCOLAR 2.022/2.023

Poderán consultar toda a información no DOG Núm. 95  – Mércores, 18 de maio de 2022

Enlace ao DOG

Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EN 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EN 1º, 2º, 3º, E 4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO EN 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ASÍ COMO PARA ALUMNADO DE NEAE
  • MATERIAL ESCOLAR- ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL

 

O prazo para presentar solicitudes e dende o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2.022

(ámbolos dous incluidos)

 

Será obrigación dos pais/nais/titores cumprir os prazos.

Poderán presentar solicitudes os país, nais, titores ou representantes legais  dos alumns@s.

A solicitude será única para todos os fillos que estén no mesmo centro docente

A solicitude deberá presentarse presencialmente no centro docente  ou accedendo á aplicación Fondolibros (Anexo I e Anexo II) e deberán estar asinados polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado,  deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica ao 31 de decembro de 2.020)

 

  • Fotocopias do D.N.I. ou  N.I.E. ( maiores de 14 anos )
  • No caso de que o pai e  a nai  ou o  titor e titores carezan de DNI e NIE deberán solicitar un certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello
  • Fotocopia do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2.020, poderá acreditar o número de membros utilizando, por exemplo:

1º) Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso, convenio regulador

2º) Certificado ou volante de convivencia

3º) Informe dos servizos sociais

De darse o caso, deberán aportar a documentación correspondente a :

  • Certificado de minusvalía
  • Violencia de xénero
  • Alumnado en situación de  tutelado ou en garda da Xunta de Galicia

 

Para poder acceder as axudas, ao rematar o curso 2021/2022, o alumnado beneficiario de libros de texto , tanto se o recibiron do fondo solidario como se o adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2022/2023.

O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2.022.

 

   SI UNHA FAMILIA TEN VARIOS FILLOS NO CENTRO, SOAMENTE TERA QUE CUBRIR UNHA SOLICITUDE.

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E AXUDAS

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis(6) libros de texto
  • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€ :

catro(4) libros de texto

  • Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis(6) libros con independencia da renda.
  • Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: cheque de 210 €uros
  • Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€ : cheque de 140 €uros
  • Ao Alumnado de EE cunha discapacidad > 65% que utiliza libros adaptados se lle solicitará unha axuda para adquirir libros ou material complementario específico: cheque 275 €uros
  • Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Ao alumnado con NEAE matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 210€

Renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 140€

  • Ao alumnado con NEAE matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 240€

Renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 160€

 

              AXUDA MATERIAL ESCOLAR.- 50 €uros

  • Ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria con renta per

cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €uros.

 

FONDO DE LIBROS.-  A publicación de listaxes  provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, farase no  taboleiro do Centro e na páxina Web.

 

DATA 11 DE XULLO DE 2.022

  • Listaxes provisionais de solicitudes admitidas EP e ESO
  • Listaxes provisionais de solicitudes excluidas, indicando a causa de exclusión.
  • Reclamación sobre a lista provisional.- 2 días seguintes á publicación.

DATA 15 DE XULLO DE 2.022

  • Resultado das reclamacións

DATA 22 DE XULLO DE 2.022

  • Listaxes definitivas de solicitudes admitidas EP e ESO

 

ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO (FONDO SOLIDARIO) DO CURSO 2022/2023.-

Os libros de texto entregaranse o primeiro día de clase.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  QUE SE MERCAN NO CENTRO

Libros  de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e calquera outro Libro de Texto hasta 4º de ESO, así como  material escolar, dende Educación Infantil e ata 6º de Educación Primaria.

Soamente se encargarán os libros e o material escolar dos alumns@s que traian  cuberta a reserva, así como efectuado o pago do compromiso de 30 €uros, unha vez efectuado o pago da reserva, este  importe non se devolverá, e se descontará do pago fnal.

En Educación Secundaria non se encargarán  os cadernos de Inglés nin de  Francés , así como  o material escolar (farase entrega do cheque).

No caso de estar interesados en mercar os Libros ou o material escolar no Centro deberedes facer o pago e cubrir o compromiso o mesmo día que veñades a entregar a Solicitude do Fondo Solidario, Axuda de Libros ou material , según o caso (podedes enviar todo polos alumn@s,e  deberá de vir todo cuberto e co importe da reserva)

Os Libros e o material reservado  deberedes vir a  recolle-lo e facer o resto do pago a partir do día 31 de agosto de 2.022.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  QUE NON SE MERCAN NO CENTRO

No mes de Xullo, por TOKAPP,  enviaránse instruccións para vir a recoller os cheques correspondentes.

 

ESPERO QUE ESTAS INDICACIÓNS E DATAS LLES AXUDEN A TER CLARO COMO SERÁ O TRÁMITE PARA O SEU FILLO/A.  NON SE OLVIDEN DE QUE ESTAMOS PARA VOTARLLES UNHA MAN, PERO É MOI IMPORTANTE QUE TOD@S POÑAMOS DA NOSA PARTE LENDO DETENIDAMENTE ESTAS INDICACIÓNS, POLO QUE ROGAMOS NOS ENVÍEN CUBERTAS AS SOLICITUDES E CA DOCUMENTACIÓN QUE SE SOLICITA. Moitas Grazas

 

 

 

Nos gustan los comentarios que nos ayudan a crecer