986 410 361

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO+MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2.021/2.022

Poderán consultar toda a información no DOG Núm. 93  – Xoves, 20 de maio de 2021

Enlace ao DOG

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EN 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EN 1º, 2º, 3º,  E 4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO EN 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ASÍ COMO PARA ALUMNADO DE NEAE
  • MATERIAL ESCOLAR- ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO

O prazo para presentar solicitudes e dende o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2.021

(ámbolos dous incluidos)

O alumnado que repita 4º de ESO e o que non obteña praza  en FPB no curso 2021/2022 e formalice matrícula

no curso da ESO que lle corresponda, poderán presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.

Será obrigación dos pais/nais/titores cumprir os prazos.

Poderán presentar solicitudes os país, nais, titores ou representantes legais  dos alumns@s.

A solicitude será única para todos os fillos que estén no mesmo centro docente

A solicitude deberá presentarse presencialmente no centro docente e nos formularios (Anexo I e Anexo II)  e deberán estar asinados polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado,  deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica ao 31 de decembro de 2.019)

Fotocopias do D.N.I. ou  N.I.E. ( maiores de 14 anos )

No caso de que o pai e  a nai  ou o  titor e titores carezan de DNI e NIE deberán solicitar un certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello

Fotocopia do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2.019, poderá acreditar o número de membros utilizando, por exemplo:

1º) Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso, convenio regulador

2º) Certificado ou volante de convivencia

3º) Informe dos servizos sociais

De darse o caso, deberán aportar a documentación correspondente a :

  • Certificado de minusvalía
  • Violencia de xénero
  • Alumnado en situación de  tutelado ou en garda da Xunta de Galicia

Para poder acceder as axudas, ao rematar o curso 2020/2021, o alumnado beneficiario de libros de texto , tanto se o recibiron do fondo solidario como se o adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2021/2022

O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2.021, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 07 de setembro de 2.021.

SI UNHA FAMILIA TEN VARIOS FILLOS NO CENTRO, SOAMENTE TERA QUE CUBRIR UNHA SOLICITUDE.

ASIGNACIÓN DE LIBROS E AXUDAS

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis(6) libros de texto
  • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou  inferior a 10.000€ :

catro(4) libros de texto

  • Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis(6) libros con independencia da renda.
  • Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: cheque de 210 €uros
  • Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou  inferior a 10.000€ : cheque de 140 €uros
  • Ao Alumnado de EE cunha discapacidad > 65%  que utiliza libros adaptados se lle solicitará unha axuda para adquirir libros ou material complementario específico: cheque 275 €uros
  • Ao alumnado en situación  de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Ao alumnado con NEAE matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 210€

Renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 140€

  • Ao alumnado con NEAE matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO
  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 240€
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 160€       

AXUDA MATERIAL ESCOLAR.- 50 €uros

  • Ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria con renta per

cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €uros

FONDO DE LIBROS

A publicación de listaxes  provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, farase no  taboleiro do Centro, no Blog e na páxina Web.

DATA 09 DE XULLO DE 2.021

  • Listaxes provisionais de solicitudes admitidas EP e ESO
  • Listaxes provisionais de solicitudes excluidas, indicando a causa de exclusión.
  • Reclamación sobre a lista provisional.- 2 días seguintes á publicación.

DATA 16 DE XULLO DE 2.021

  • Resultado das reclamacións

DATA 20 DE XULLO DE 2.021

  • Listaxes definitivas de solicitudes admitidas EP

DATA 15 DE SETEMBRO DE 2.021

  • Listaxes definitivas de solicitudes admitidas ESO

 

ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO (FONDO SOLIDARIO) DO CURSO 2021/2022.-

Os libros de Texto entregaranse o primeiro día de clase.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  QUE SE MERCAN NO CENTRO

Libros  de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e calquera outro Libro de Texto hasta 4º de ESO, así como   material escolar, dende Educación Infantil e ata 6º de Educación Primaria.

Soamente se encargarán os libros e o material escolar dos alumns@s que traian  cuberta a reserva, así como efectuado o pago do compromiso de 25 €uros, unha vez efectuado o pago da reserva, este  importe non se devolverá, e se descontará do pago final. En Educación Secundaria non se encargarán  os cadernos de Inglés nin de  Francés , así como  o material   escolar (farase entrega do cheque).

No caso de estar interesados en mercar os Libros ou o material escolar no Centro deberedes facer o pago e cubrir o compromiso o mesmo día que veñades a entregar a Solicitude do Fondo Solidario, Axuda de Libros ou material , según o caso (podedes enviar todo polos alumn@s,e  deberá de vir todo cuberto e co importe da reserva)

Os Libros e o material reservado  deberedes vir a  recolle-lo e facer o resto do pago a partir do día 30 de agosto de 2.021.

Para o alumnado pendente de materias para setembro, farase o encargo dos Libros en setembro, polo que se lle  entregará a eles a principios do curso.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  QUE NON SE MERCAN NO CENTRO

No mes de Xullo, por TOKAPP,  enviaránse instruccións para vir a recoller os cheques correspondentes

ESPERO QUE ESTAS INDICACIÓNS E DATAS LLES AXUDEN A TER CLARO COMO SERÁ O TRÁMITE PARA O SEU FILLO/A.  NON SE OLVIDEN DE QUE ESTAMOS PARA VOTARLLES UNHA MAN, PERO É MOI IMPORTANTE QUE TOD@S POÑAMOS DA NOSA PARTE LENDO DETENIDAMENTE ESTAS INDICACIÓNS, POLO QUE ROGAMOS NOS ENVÍEN CUBERTAS AS SOLICITUDES E CA DOCUMENTACIÓN QUE SE SOLICITA. Moitas Grazas

 

 

 

Nos gustan los comentarios que nos ayudan a crecer