ENTROIDO
ENTROIDO
Queridas familias :
Queremos comunicarvos que entre os días 08 e 12 de febreiro celebraremo-la a festa do ENTROIDO . Nesta celebración que tanto nos ilusiona, este ano pola situación xenerada polo COVID-19, non faremos o disfraz no colexio, nin desfile. Pero si celebraremo-lo ENTROIDO SEGUINDO AS ORDES DO NOSO MECO.
- Ao Cole este ano chegou o “MECO”, que nos irá dicindo o que debemos levar cada día.
O que teñen que traer é acumulativo: é dicir o martes traerán o do luns tamén, e así ata o xoves, que traerán todo.
LUNS 08 DE FEBREIRO.- Se o entroido queres celebrar ”algo na CABEZA” tes que levar.
MARTES 09 DE FEBREIRO.- Algo “vistoso e colorido no PESCOZO” imos colocar, e non vos esquezades de traer “algo na CABEZA”.
MÉRCORES 10 DE FEBREIRO.- Se queres presumir “algo na CINTURA” tes que vestir, e “vistoso e colorido no PESCOZO” e “algo na CABEZA”.
XOVES 11 DE FEBREIRO.- Se queres divertirte este mes “pon diferente os PÉS” e “vistoso e colorido no PESCOZO”, “algo na CABEZA” e “algo na CINTURA”.
VENRES 12 DE FEBREIRO.- De casa virás co teu “mellor DISFRAZ”
CELEBRAREMO-LO ENTROIDO cunha Festa onde degustaremos “orellas” ou “filloas”, e escoitaremos música, regueifas, etc…
Os días 15, 16 e 17 de febreiro non haberá clase.
*Rogamos non lles adiantedes aos nenos/as o que deberán levar o día seguinte, xa que eles e elas o descubrirán o día anterior e quen llo di é o “MECO“.
Unha vez máis, moitas Grazas pola vosa colaboración.